domingo, 8 de mayo de 2011



O amor é un vo lixeiro
que se cerne cando chegas
carón a min, acendidas as meixelas
regalando o teu sorriso eu, morro

O meu vo non é de amor lixeiro
que se pouse cando marchas.
Caen todalas horas no reloxo da alborada
e na miña testa fala a tua voz de nata,
aluman os teus ollos esta escura casa

Na arquitectura do teu amor
abarco dende a tormenta a calma,
medro coma unha árbore inmensa
que abriga na túa ansia
e enraíza nas longas tardes de conversa franca.